Sitios recomendados: Congreso | Senado | Partido Popular | PPdeGalicia | PP de La Coruña

 



OPINION PERSOAL: RIADAS

Á dilación é a caracteristica principal no actual Goberno galego na xestión das catástrofes, ademáis, cando pasa calquera tipo de desgracia a culpa sempre é do PP. Cando foron as inundacións de Cee, Baiona e Oia, tres concellos gobernados polo PP, a culpa era do urbanismo do PP. Agora, que as inundacións foron nun concello gobernado polo PSOE, a culpa xa non é do urbanismo senon da pleamar. ¿Para que sirve o Goberno? Non foi unha catástrofe improvisada porque con 72 horas de antelación se coñecían as fortes choivas e; non tomaron medidas a pesares de que o PPdeG anunciou que podía pasar esta desgracia tralo agosto negro. Teño que recordar que fronte á dilación que caracteriza ao actual Goberno galego na xestión das catástrofes, todos os afectados polo accidente do Prestige dispuxeron de axudas inmediatas. De feito, aos 19 días do accidente estaban cobrando axudas, puntualmente, ata 39.000 persoas. Pola contra, aos gobernos da Xunta e central vaiselle a forza pola boca prometendo millóns de euros pero pasados catro meses dos incendios e dous meses das primeiras riadas ningún dos afectados cobrou un euro.
No PP estudiamos medidas concretas que a Xunta debe por en marcha para facilitar que os habitantes que sufriron as riadas de lodos volvan a súa vida normal coa maior rapidez e pensamos que non se debía chegar a fin de ano sen que os afectados teñan a súa diposición o 50% das axudas. As medias que propoón o PPdeG resumiunas o noso Presidente Alberto Nuñez Feijóo en tres grupos:
A-. PLAN DE AXUDAS DE EMERXENCIA (*)

1-. Liña urxente de axudas aos comerciantes por parte da Consellería de Industria, co obxectivo de que en menos de 20 días cobren a conta o 50% das perdas nos comercios e nas tendas

2-. Plan de axudas urxentes y de emerxencia para particulares (fogares e vehículos) por perdas superiores a 600 euros, co obxectivo de cobrar en menos de 20 días, como mínimo o 50% das perdas producidas.

(*) Estas axudas, unha vez percibidas, descontaranse da indemnización, cando estean resoltos os expedientes definitivamente

B-. MEDIDAS DE LIMPEZA

1-. Limpeza dos cauces dos ríos e dos montes queimados para disminuir os riscos de inundacións de lodos

2-. Limpeza urxente dos cauces de madeira, lodos e cinzas

C-. AXUDAS DE FONDOS EUROPEOS

1-. Incluir, xunto coas perdas dos incendios, nos fondos de solidariedade, as perdas en infraestructuras, comercios, vehículos e bens particulares producidos polas riadas, tendo en conta que os lodos e cinzas foron por causa dos incendios do verán

Etiquetas:

posted por BdC 1:00 p. m.,

0 Comentarios:

Publicar un comentario

<< Regresar